Volver

Nós tamén creamos 2019. Ampliación de prazo

Acordo de ampliación do prazo de presentación de curtametraxes aos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019. O novo prazo de presentación das curtas (co making off correspondente) rematará o 10 de maio de 2019 (incluído).

​Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.

Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.

Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.