Volver

Centros admitidos nos Premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Corrección de erros á Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se publican os centros admitidos e excluídos da convocatoria de premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

​Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.

Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.

Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.