Volver

Premio Comunicar en Igualdade

A Xunta de Galicia convoca o premio Comunicar en Igualdade 2019 co obxectivo de recoñecer traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero

Premiaranse os mellores traballos orixinais e escritos en galego segundo criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Cada participante poderá presentar un único traballo.

Distínguense dúas modalidades:

Modalidade para profesionais do xornalismo

Os traballos poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual. Poderán presentarse informacións, crónicas, entrevistas, artigos de opinión, reportaxes fotográficas, documentais ou similares xa publicados ou emitidos nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego durante o ano 2018 e en 2019 ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Establécense tres categorías de premios, cunha dotación económica de 6.000, 3.000 e 2.000 euros.

Modalidade para alumnado universitario

Poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nalgunha das titulacións impartidas no Sistema Universitario de Galicia (SUG) no curso 2018-2019. Os traballos poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual. VAlorarase que o traballo fose emitido ou publicado nalgún medio de comunicación (xornais, radiso, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego durante o ano 2018 e en 2019 ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Establécense tres categorías de premios, cunha dotación económica de 4.000, 2.000 e 1.000 euros.

Modo de participación

As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ata o vindeiro 16 de setembro.