Volver

XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares

 O Concello da Estrada e a Asociaicón de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares

Poderán concorrer ao premio todas as persoas autoras que presenten orixinais inéditos en lingua galega e acordes coa normativa oficial vixente antes do 3 de maio de 2019.

O tema e a forma serán libres, mais os textos deberán contar cun mínimo de 200 versos e cun máximo de 800.