Volver

Resolución do IV Concurso Balbino de Relatos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con Técnicas & Gramaxe nesta iniciativa que ten como obxectivo promover uso da lingua na literatura e apoiar os escritores e escritoras novos ou xa consagrados.

Poden presentarse a ela textos orixinais, propios e inéditos (relato ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego e concorren a un premio único de 1500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.

No Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, o 17 de setembro de 2019, reuniuse o xurado do IV Concurso Balbino de Relatos, constituído por Carlos Loureiro Rodríguez, en calidade de Presidente, Rosalía Morlán, Ánxela Gracián e Xosé Manuel Lobato, como Vogais, e Armando Requeixo actuando como Secretario.

Logo da pertinente deliberación, o xurado decidiu outorgar por maioría o premio do concurso ao orixinal presentado baixo o título Banda Sonora Orixinal e lema 'B.S.O'. Aberta a plica, o texto resultou ser da autoría de Pablo Nogueira Campo.