Volver

Resolución dos proxectos de innovación en dinamización lingüística 2016-2017

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura e Educación durante o curso académico 2016/2017

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso académico 2016/2017.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionáronse cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

  • A lingua delas, a nosa lingua, do IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis)
  • A palabra é vida e vai ao lonxe, do CPI Plurilingüe de Vedra
  • Nós somos un mundo: Cuntis, concello amigo da lingua, do CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis)
  • Proxecto Informa.gal, do CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa)
  • Un novo Broadway en Verín: o musical "Grease", do IES Xeús Taboada Chivite (Verín)

Cada un deles recibe unha dotación económica de 2 000 euros. O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.