Volver

Resolución da convocatoria de nove bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de 9 bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A lista de bolsas é a seguinte:

  • Proxecto Legado científico de Jürgen Untermann.
  • Proxecto Corpus de referencia do galego actual (Corga).
  • Proxecto Corpus documentale latinum Gallaeciae (Codolga).
  • Proxecto Bibliografía informatizada da lingua galega (Bilega).
  • Proxecto Terminoloxía científico-técnica.
  • Proxecto Informes de literatura.
  • Proxecto Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos.
  • Proxecto Lírica profana galego-portuguesa.
  • Proxecto Dimensións da identidade colectiva de Galicia.

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social. As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décima desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2019 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2021. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o 18 de xullo