Volver

Concurso-Exposición Letras Galegas 2017

Resolución da convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017, Carlos Casares Mouriño

O traballo gañador do concurso na categoría A (educación infantil e primaria) foi "Carlos Casares, un escritor desta Galaxia", elaborado polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña.

A exposición gañadora na categoría B (ESO, bacharelato, FP e restantes centros de ensinanzas especiais) é "Carlos Casares Mouriño, coleccionista de historias", do IES Carlos Casares de Vigo.