Volver

I Premio de Novela Camiño de Santiago

 A Academia Xacobea, en colaboración coas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación e co patrocinio de Gas Natural SDG S.A., convoca este premio de narrativa para divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.

Ao premio poderán concorrer ata o 30 de outubro de 2018  todos os autores ou autoras que o desexen cunha única novela escrita en galego ou en castelán que teña unha extensión mínima de 200 páxinas e que xire arredor do Camiño de Santiago. Esta histórica vía deberá estar presente de maneira notoria na narración na súa vertente física, histórica, cultural, social ou imaxinaria.

O gañador ou gañadora do premio recibirá 6.000 € e un diploma acreditativo, ademais de ver publicada a súa obra pola Editorial Galaxia tanto en galego (no selo Galaxia) coma en castelán (no selo Mar Maior).

Establécese tamén un accésit sen dotación económica para a mellor novela presentada en lingua diferente á que obteña o primeiro premio.