Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
Resolución da VIII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.
A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á VIII edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes premios:
Categoría 1: 2.º ciclo de educación infantil
Cantas pingas na cidade, do CEIP Ponte dos Brozos. Arteixo. A Coruña
Categoría 2: 1.º e 2.º cursos de educación primaria
Andrés cabeza abaixo, do CEE Terra de Ferrol. Ferrol. A Coruña
Categoría 3: 3.º e 4.º cursos de educación primaria
Maruxa, do CEIP Poeta Avelino Díaz. Meira. Lugo