Volver

V Edición do Premio Literario Nortear

O prazo de recepción de orixinais remata o 28 de xuño de 2019.

A Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal asinaron un memorando de entendemento para establecer accións conxuntas de colaboración a nivel cultural.

No marco deste memorando desenvolvese o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a V edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal, froito da favorable repercusión que tivo o dito premio nas anteriores edicións.

Poderán participar as persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

O prazo para a presentación das obras será ata o 28 de xuño de 2019. Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas, de acordo ao disposto na convocatoria, que teñan data de entrada no seguinte enderezo ata o 28 de xuño de 2019.