Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 202 convocatorias
16/04/2019 | Formación

XI Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia na UdC

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Universidade da Coruña (UdC) na XI edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia, que se celebrará do 1 ao 23 de xullo.

29/03/2019 | Formación

Convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Listaxes definitivas de persoas admitidas

Resolución do 4 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

PRAZO: A presentación de alegacións remata o venres 29 de marzo de 2019
29/03/2019 | Axudas

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

  • Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
PRAZO: 29 de abril de 2019
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A
26/03/2019 | Premios e certames

Gañadores do Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2018-2019

Esta iniciativa promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística ten por obxectivo difundir a poesía e a música editadas en Galicia e en Portugal cada ano. 

25/03/2019 | Probas

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados Celga 1, 2, 3 e 4

Resolución do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (código de procedemento PL500C).

PRAZO: Presentación de solicitudes do 26 de marzo ao 25 de abril de 2019, ambos incluídos
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
18/03/2019 | Premios e certames

Lingua de namorar 2019

Xa se coñecen os gañadores da sétima edición de Lingua de namorar, un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

PRAZO: A data límite para enviar as mensaxes é o 28 de febreiro de 2019
15/03/2019 | Formación

XXI Encontros para a Normalización Lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüístia do Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística baixo o título Divulgación científica en Galicia: cal é o peso (atómico) do galego?

15/03/2019 | Premios e certames

XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares

 O Concello da Estrada e a Asociaicón de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares

PRAZO: 2 de maio de 2019