Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 372 convocatorias
Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. Segunda convocatoria
04/10/2021

Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. Segunda convocatoria

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca unha nova edición do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 (Fondo X21)

09/09/2021 | Probas

Probas Celga 2021. Resultados definitivos Celga 1, 2, 3, e 4

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED114A
Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2021-2022)
02/09/2021 | Formación

Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2021-2022)

Resolución do 21 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2021/22.

PRAZO: Solicitudes ata o 16 de setembro de 2021.
01/09/2021 | Formación

Resolución definitiva das bolsas de formación en lectorados de Madrid, Padua, París, Río de Xaneiro, Salvador de Baía e Zadar

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500E).

01/09/2021 | Formación

Resolución definitiva das prazas nos lectorados de lingua e cultura galegas de Barcelona, Kiel, Leipzig, Oxford e País Vasco

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500F).

18/08/2021 | Formación

Cursos de linguaxe administrativa e cursos Celga nas EOI

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

29/07/2021 | Premios e certames

VI Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

A Fundación Xosé Neira Vilas e o Concello de Vila de Cruces, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a sexta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.

PRAZO: 8 de outubro de 2021
XV Certame de Investigación Condado de Pallares
02/07/2021 | Premios e certames

XV Certame de Investigación Condado de Pallares

Co gallo de promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada, convoca o “XV Certame de Investigación Condado de Pallares”, que se rexerá polas seguintes BASES.
PRAZO: do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2021.
XV Premio de Narrativa Breve Repsol
01/07/2021 | Premios e certames

XV Premio de Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo quinta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.

PRAZO: Antes do 31 de xullo.
22/06/2021 | Axudas

Resolución das axudas para proxectos de fomento do galego en centros privados. Provincias de Lugo e de Ourense

Adxudicación do financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada das provincias de Lugo e Ourense que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020 

PRAZO: Data límite para presentar a xustificación dos gastos - 30 de xuño de 2021