Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 163 convocatorias
23/11/2017 | Formación

XI Xornada Xustiza e Lingua

O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra a XI edición da Xornada Xustiza e Lingua, Reflexións para a Normalización, dirixida a profesionais dos servizos lingüísticos e da xustiza, a alumnado das escolas de práctica xurídica e de Dereito e a persoas interesadas en xeral.

17/11/2017 | Premios e certames

XXIV Premios de Publicidade en Galego

Resolución dos XXIV Premios de Publicidade en Galego, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador

 

 

16/11/2017 | Formación

X Xornada de recursos educativos en galego: a educación de adultos

A Comisión de Normalización da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa unha nova edición destas xornadas dirixidas a alumnado, persoal docente e investigador e mais persoal de administración e servizos das tres universidades galegas, así como a outros profesionais da educación interesados en mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego dirixidos á poboación adulta.

14/11/2017 | Formación

XIII Xornada de Normalización Lingüística

Escolas Católicas de Galicia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XIII Xornada de Normalización Lingüística, destinada a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados.

24/10/2017 | Premios e certames

VIII Certame de Cinema OUFF Escola

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o VIII Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 22ª edición do Festival de Cine de Ourense, que se celebrará en 2017.

PRAZO: A inscrición deberá formalizarse antes do 3 de xullo de 2017
20/10/2017 | Premios e certames

Concurso-exposición Letras Galegas 2018

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018 

PRAZO: 22 de xaneiro de 2018
26/09/2017 | Formación

Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o Grupo de Investigacón LITER21 do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan o "XIV Curso de Formación. A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe", que este ano se centra na figura de Carlos Casares, o autor a quen se lle dedicou o pasado Día das Letras Galegas.

25/09/2017 | Probas

Probas para a obtención dos certificados Celga 1, 2, 3 e 4. Resultados definitivos

Resultados definitivos das probas realizadas en xuño de 2017

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED114A