Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 122 convocatorias
20/09/2016 | Formación

Xornada A Responsabilidade Social Corporativa en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Consello da Cultura Galega e coa Fundación Galicia Empresa na organización deste encontro que quere analizar, non só o panorama xeral da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), senón tamén como se incorpora no caso de Galicia unha orientación cultural e lingüística que interpreta a RSC como vía de xeración de valor para todos os grupos de interese e para mellor colaborar cara a un desenvolvemento sostible.

13/09/2016 | Premios e certames

Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

A Fundación Xosé Neira Vilas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a primeira edición deste certame literario que ten como finalidade estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionarlle a nenos, adolescentes e público en xeral obras de referencia que lles permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela.
PRAZO: Prazo de presentación de orixinais: ata o 17 de outubro de 2016
08/09/2016 | Premios e certames

Certame 'Cores con Palabras'

A Asociación Galega das Artes, co apoio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, pon en marcha unha nova edición do certame 'Cores con Palabras' para promover a creación artística entre as persoas maiores de 55 anos, que poderán presentar a este concurso as súas obras pictóricas ou poéticas orixinais.

PRAZO: O prazo de recepción de traballos vai do 26 de setembro ao 1 de outubro
23/08/2016 | Formación

Convocatoria de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

Resolución definitiva da convocatoria ED110A

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 13 de xuño de 2016 para a convocatoria ED110B e o 20 de xuño de 2016 para a convocatoria ED110A
17/08/2016 | Axudas

Axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios

PRAZO: PRAZO: Prazo para a xustificación das subvencións concedidas: dende o 19 de agosto ata o 30 de setembro de 2016
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: EED106A
21/07/2016 | Axudas

Axudas ás entidades locais de Galicia para a promoción da lingua galega no ano 2016

Resolución de concesión

PRAZO: PRAZO: do 20 de abril ao 19 de maio de 2016
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED115A
04/07/2016 | Premios e certames

X edición do Premio de Narrativa Breve Repsol

PRAZO: Prazo de de envío das novelas antes do 30 de xullo
04/07/2016 | Premios e certames

XXI Edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela

 Premio do Concello da Estrada ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de 5) publicados en lingua galega nun medio de comunicación escrito.

PRAZO: O prazo de recepción de traballos remata o 4 de setembro de 2016