Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 172 convocatorias
12/04/2017 | Formación

Convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administracións Públicas convocan tres cursos (75 prazas) de linguaxe xurídica galega nos seus niveis medio e superior, destinados a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
PRAZO: PRAZO: do 8 de ao 17 de abril
12/04/2017 | Formación

Convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administracións Públicas convocan tres cursos (75 prazas) de linguaxe xurídica galega no seu nivel superior, destinados a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
PRAZO: PRAZO: do 8 de ao 17 de abril
11/04/2017 | Formación

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega para persoal da Administración autonómica

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administracións Públicas convocan catorce cursos (350 prazas) de linguaxe administrativa galega nos seus niveis medio e superior, destinados ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que acceden á formación continua.

PRAZO: PRAZO: do 8 de ao 17 de abril
07/04/2017 | Formación

XIX Encontros para a normalización lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XIX edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.
06/04/2017 | Premios e certames

XXI Premio de Poesía Avelina Valladares

O Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o XXI Premio de Poesía Avelina Valladares.

PRAZO: antes do 12 de maio de 2017
06/04/2017 | Premios e certames

XXIX Premio de Novela Manuel García Barros

O Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación a traves da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa Editorial Galaxia convoca o XXIX Premio de Novela "Manuel García Barros" (Ken Keirades).

PRAZO: antes do 12 de maio de 2017
22/03/2017 | Premios e certames

Lingua de namorar 2017

Resolta a nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o obxectivo deste certame é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

01/03/2017 | Premios e certames

Concurso-Exposición Letras Galegas 2017

Resolución da convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017, Carlos Casares Mouriño

06/02/2017 | Formación

XXX edición dos Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras'

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e mais a Deputación da Coruña coorganizan a trixésima edición dos Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', que se desenvolverán en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2017.
01/02/2017 | Probas

Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016

Resultados definitivos das probas de novembro de 2016.

PRAZO: Prazo de presentación de emendas: 13 de outubro de 2016
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED114A