Volver

Instrución pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), en relación coa exención da materia de lingua galega, a partir da implantación das ensinanzas de formación profesional básica e do Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR)

Instrución para a aplicación da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), en relación coa validación de estudos polos ditos certificados, e da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, en relación coa exención da materia de lingua galega, a partir da implantación das ensinanzas de formación profesional básica e do Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR) establecidas pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE)

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) veu implantar novas ensinanzas como a FP básica, en substitución do Programa de cualificación profesional inicial (PCPI), e o Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR), en substitución do Programa de diversificación curricular.

Tras a implantación destas ensinanzas nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia é preciso ditar as seguintes instrucións, co fin de telas en conta en relación coa validación de estudos polo Celga 3 e coa exención de materia de lingua galega.