Volver

"O galego crea ambiente" no Festival SonRías Baixas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolve unha campaña de verán dirixida á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa FEST GALICIA

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O cómico e dinamizador Víctor Grande

    O cómico e dinamizador Víctor Grande

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

A campaña O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.

Dende os stands de AGADIC presentes nos festivais adheridos a FEST GALICIA transmitirase o lema “Relaciónate co medio dun xeito responsable. Relaciónate en galego”. Ademais, os máis novos recibirán información sobre o Plan xeral de dinamización da lingua galega na mocidade que están elaborando a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Participación, Xuventude e Voluntariado. Paralelamente, pediráselles aos mozos e mozas que participen na construción do propio plan achegando ideas ou suxestións de actuacións que poidan favorecer o uso da lingua galega entre a xente nova.

Os obxectivos da campaña son promover a reflexión sobre o valor da lingua galega, promover o seu uso entre a xente nova, dar a coñecer o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade e converter os máis novos en protagonistas e copartícipes del. O cómico Víctor Grande será o encargado de dinamizar a campaña.

Calendario

O galego crea ambiente estará presente nos stands do Fest Galicia en sete festivais, entre xullo e setembro:​

Xullo
Venres 6, no Festival Portamérica (Caldas de Reis, Pontevedra), das 16:30-19:00 horas
Xoves 12, no Festival Resurrection Fest (Viveiro, Lugo), das 17:00-20:00 horas
Venres 20, no Atlantic Fest ( A Illa de Arousa, Pontevedra), das 18:00-20:30 horas
Venres 27, no Festival Sinsal (Illa de San Simón, Redondela, Pontevedra), das 17:00-20:00 horas

Agosto
Sábado 4, no Festival Ribeira Sacra (Monforte de Lemos, Lugo), das 17:00-20:00 horas
Venres 17, no Festival Revenidas (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), das 17:00-20:00 horas

Setembro
Venres 7, no Festival da Luz (Boimorto, A Coruña), das 17:00-20:00 horas​

FEST Galicia

FEST Galicia é a marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social. A marca acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical.

Os principais obxectivos de FEST Galicia son: posicionar os festivais galegos como produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promocionar os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental e facer visibles as boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.

Baixo o paraugas de FEST Galicia acolleranse, nunha primeira etapa de lanzamento, 10 festivais de referencia: Portamérica, Resurrection Fest EG, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Festival Sinsal Son EG, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival SON EG. Foron seleccionados pola súa traxectoria, a súa carteleira musical, as súas actividades paralelas e a súa implicación cos territorios e as comunidades onde se celebran. Ademais de cumprir cun dos requisitos fundamentais: a iniciativa privada. Isto implica dinámicas empresariais (cobro de entrada, cumprimento das normativas vixentes, boas prácticas…).