Volver

Resolución das subvencións aos proxectos de fomento do galego dos centros públicos (PL500A)

Corrección de erros da Resolución do 18 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19 (código de procedemento PL500A)

Corrección de erros da Resolución definitiva. Inclúe, por provincias, a relación de centros admitidos, coa indicación da puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación de centros excluídos, coa indicación das causas que determinaron a súa exclusión.