TRANSPARENCIA
Funcións e competencias
A Secretaría Xeral de Política Lingüística é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción e ensino da lingua galega e de dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia, e ten como obxectivos impulsar o desenvolvemento e a aplicación da lexislación derivada do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia.
Queda derrogado o Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido no devandito Decreto 45/2012
Competencias e funcións
En particular, correspóndelle exercer as competencias e funcións seguintes:
- Promover, impulsar e elaborar propostas lexislativas e regulamentarias que potencien a normalización lingüística e o fomento do uso da lingua galega.
- Cooperar coa Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística e impulsar e coordinar as medidas de política lingüística dos departamentos da Xunta de Galicia mediante a achega do soporte técnico necesario.
- Programar e desenvolver medidas para o fomento do uso do idioma galego nos diferentes eidos sociais e económicos de Galicia, co fin de incrementar a dispoñibilidade de produtos e servizos en galego.
- Planificar e desenvolver campañas e medidas de fomento do uso, coñecemento e difusión do galego dentro e fóra do territorio lingüístico galego.
- Promover, coordinar e desenvolver a política de investigación que favoreza a normalización lingüística nas súas diferentes manifestacións, especialmente no eido do léxico e a terminoloxía.
- Emitir informe sobre os proxectos de disposicións normativas de carácter xeral que promovan os departamentos da Xunta de Galicia sobre a normalización do uso do galego ou sobre a política lingüística en xeral.
- Establecer o marco metodolóxico de referencia e os plans e programas para o ensino do galego ás persoas adultas, de acordo coas directrices do Consello de Europa en materia de ensino de linguas.
- Colaborar co Consello de Europa e con outros organismos nacionais e internacionais en relación cos procesos para a defensa, a aprendizaxe, o ensino e a avaliación das linguas.
- Convocar e administrar as probas e expedir os certificados de coñecemento de galego.
- Convocar e administrar as probas e certificados de tradutoras e tradutores e de intérpretes xurados/as doutras linguas para o galego e viceversa, así como autorizar as habilitacións directas destes, cando procedan, e a súa inscrición no Rexistro oficial de profesionais da tradución e interpretación xuradas doutras linguas para o galego e viceversa.
- Promover o diálogo, a cooperación e a colaboración con outras institucións competentes en materia de política lingüística.
- Calquera outra competencia e función que lle sexa delegada ou encomendada pola persoa titular da Consellería.
Órganos
2. Baixo a súa dirección, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, para o cumprimento das competencias e funcións encomendadas, contará cos seguintes órganos:
- Subdirección Xeral de Política Lingüística.
- Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.
- Intégrase na Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependendo directamente da persoa titular da secretaría, a seguinte unidade con nivel orgánico de servizo:
- 3.1. Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A este servizo, baixo a dirección da Secretaría Xeral de Política Lingüística, correspóndenlle as seguintes funcións:
- Xestionar o desenvolvemento dos proxectos e programas de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos para a normalización da lingua galega.
- Promover a formación e capacitación de universitarios/as, tanto no ámbito galego como internacional, a través de convocatorias públicas para a investigación e o estudo de programas no ámbito das humanidades.
- Canalizar, difundir e proxectar no ámbito autonómico, estatal e internacional a información sobre os proxectos e publicacións do centro.
- Administración, xestión económico-administrativa e control do funcionamento do centro e do persoal adscrito a este.
- Xestionar, en coordinación coas persoas titulares das direccións técnicas dos departamentos do centro, a organización de xuntanzas, encontros, xornadas, congresos e simposios e calquera outra actividade que derive dos proxectos de investigación e formación.
- Exercer as funcións correspondentes á secretaría da Comisión Reitora do centro.
- Darlle apoio administrativo á persoa encargada da coordinación científica no desenvolvemento dos traballos de investigación do centro.
- Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
- 3.1. Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A este servizo, baixo a dirección da Secretaría Xeral de Política Lingüística, correspóndenlle as seguintes funcións:
Artigo 17. Subdirección Xeral de Política Lingüística
- Á Subdirección Xeral de Política Lingüística correspóndenlle as seguintes funcións:
- Apoio técnico-administrativo á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística no exercicio das súas funcións.
- Coordinación e xestión dos plans e programas de formación e de acreditación de competencia en materia de lingua galega.
- Coordinación e xestión das actividades de formación e promoción da lingua galega, así como a autorización e homologacións de cursos, seminarios, encontros e congresos de formación de lingua galega e/ou de linguaxes específicas, e a xestión das certificacións de aptitude do alumnado, cando proceda.
- Xestión das validacións e solicitudes de recoñecemento de certificacións de cursos e outras actividades de formación e normalización da lingua galega (seminarios, encontros...).
- Xestión das probas de acreditación da competencia en lingua galega e, de ser o caso, en materia de linguaxes específicas galegas.
- Apoio en materia de asesoramento lingüístico e produción e oferta de recursos tecnolóxicos para fomentar o uso da lingua galega.
- Xestión das solicitudes de traducións galego-castelán e viceversa de documentación, acordos e títulos oficiais que teñan orixe ou destino noutras comunidades autónomas ou en institucións da Unión Europea.
- Xestión das solicitudes de tradución para o castelán de títulos oficiais expedidos en galego que deben producir efectos en administracións públicas doutras comunidades autónomas do Estado español.
- Xestión das solicitudes de habilitación profesional para a tradución e interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa e do Rexistro oficial de profesionais da tradución e interpretación.
- Xestión da produción de material didáctico para apoio á formación en lingua galega.
- Xestión da colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística con organismos nacionais e internacionais para promover o fomento, a aprendizaxe, o ensino e a avaliación das linguas.
- Propoñer a resolución de recursos nas materias que desenvolve.
- Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
- Baixo a súa dirección a Subdirección Xeral de Política Lingüística para o cumprimento das funcións encomendadas, contará cunha unidade, con nivel orgánico de servizo:
- 2.1. Servizo de Formación, Asesoramento e Proxección Exterior da Lingua. A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:
- Organizar cursos de formación, seminarios ou xornadas formativas.
- Xestionar as validacións e solicitudes de recoñecemento de certificación de cursos e outras actividades de formación de lingua galega.
- Xestionar e administrar as probas de acreditación de niveis de lingua galega.
- Xestionar as solicitudes de tradución para o castelán de títulos oficiais en galego que deban producir efectos en administracións públicas sitas noutras comunidades autónomas do Estado español.
- Planificar e coordinar a promoción exterior da lingua galega, tramitar os convenios de colaboración para a creación e mantemento dos centros de estudos galegos e xestionar a convocatoria para a selección das persoas lectoras.
- Xestionar a promoción do material didáctico para apoio á formación en lingua galega.
- Coordinar as tarefas de avaliación dos proxectos de dinamización lingüística dos centros de ensino non universitarios.
- Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
- 2.1. Servizo de Formación, Asesoramento e Proxección Exterior da Lingua. A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:
Artigo 18. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística
- 1. Á Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística correspóndenlle as seguintes funcións:
- Apoio técnico-administrativo á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística no exercicio das súas funcións.
- Coordinación e xestión das medidas para o fomento do uso do idioma galego nos diferentes ámbitos sociais e económicos de Galicia para incrementar a súa dispoñibilidade en produtos e servizos.
- Coordinación e xestión das liñas de axuda e subvencións para o apoio á dinamización e promoción da lingua galega.
- Coordinación e xestión das actividades de normalización e dinamización lingüística e as derivadas das campañas de promoción e difusión da lingua galega.
- Coordinación, xestión e difusión dos recursos e/ou estudos necesarios para a promoción do galego.
- Fomento das actividades de normalización e promoción da lingua galega en administracións públicas e noutras entidades.
- Coordinación e xestión da participación en feiras, congresos e exposicións de difusión de linguas.
- Fomento da produción de material didáctico para o apoio á formación en lingua galega e á normalización lingüística.
- Coordinación da xestión de consultas e queixas en materia de dereitos lingüísticos e a proposta de resolución de recursos nas materias que desenvolve.
- Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
- 2. Baixo a súa dirección, a Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, para o cumprimento das funcións encomendadas, contará cunha unidade con nivel orgánico de servizo:
- 2.1. Servizo de Xestión e Promoción Lingüística. A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:
- Elaborar o anteproxecto de orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística, exercer a súa xestión económico-administrativa e o seu control orzamentario.
- Xestión da contratación administrativa para a realización das actividades de formación, fomento e normalización da lingua galega, así como a dos convenios de colaboración con estas finalidades.
- Habilitación de pagamentos, agás os relativos ao capítulo I.
- Propoñer a resolución de recursos nas materias que desenvolve este servizo.
- Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
- 2.1. Servizo de Xestión e Promoción Lingüística. A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións: