Volver

SERVIZOS

Validación de documentos oficiais

As persoas que precisen presentar en castelán documentos oficiais (títulos, diplomas, etc.) redactados en galego poden facer uso do servizo de validacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que certifica o valor desa tradución.

Requisitos

Documentación necesaria:

  • solicitude de validación de documentación traducida,
  • fotocopia do documento ou documentos orixinais compulsada por un organismo oficial,
  • tradución literal ao castelán dese/s documento/s,
  • datos do solicitante cun enderezo ao que se lle enviará a documentación validada. No caso de que o solicitante prefira recollelas en man nas oficinas centrais da Secretaría Xeral de Política Lingüística deberá indicalo expresamente.

Presentación da documentación

Esta documentación poderá ser presentada:

  • nos gabinetes provinciais de normalización lingüística
  • en calquera rexistro da Administración

Entrega da validación

As traducións validadas enviaranse por correo postal ao enderezo particular do solicitante. Se a persoa interesada así o solicita, poderá recollelas en man nas dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (r/ da Pastoriza n.º8, Santiago de Compostela).