Volver

Accesibilidade

Política de Accesibilidade

Este sitio web foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atoparen dificultades no acceso.

A política de accesibilidade aplicada neste sitio web está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Cumprimento dos estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari etc.

Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.

Data da última revisión

A última revisión de accesibilidade deste portal foi realizada con data 10/09/2015.

Atallos de teclado

Segundo o sistema operativo, os navegadores fan uso dunha combinación de teclas determinada para permitir o acceso aos atallos de teclado. Habitualmente, no sistema operativo Mac, esta combinación é Ctrl + ⌥ Opt. No resto de sistemas operativos, a combinación é Alt ou Alt + ⇧ Shift.

Este portal utiliza, xunto coa combinación de teclas do seu navegador, os seguintes atallos:

  • 0: Inicio
  • 1: Mapa do portal
  • 2: Accesibilidade
  • 3: Atendémolo/a
  • 4: Suxestións e queixas
  • L: En determinadas páxinas, activación do lector de contidos

Contacto

Na procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e de contacto dispoñible.Co obxecto de mellorar de forma continuada a accesibilidade deste portal, a Xunta de Galicia convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión en relación á accesibilidade, a través de calquera das modalidades de presentación que ten dispoñibles o Sistema integrado de atención á cidadanía.