Volver

Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia

Aínda que a lingua galega, como elemento identitario, ten a súa regulación específica na Lei de normalización lingüística, a Lei 5/2016 refírese a ela como canle pola que vehicular o noso patrimonio inmaterial, ademais de recoñecer a toponimia como parte dese mesmo patrimonio (artigo 9).