Volver

Cursos preparatorios das probas Celga 1, 2, 3 e 4

Resolución do 25 de xaneiro de 2018 da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

A convocatoria ofrece un total de 35 cursos, dos cales se impartirán 25 baixo a modalidade presencial (en 18 localidades galegas) e 10 baixo a modalidade en liña (3 do Celga 1 e 7 do Celga 4, destinados tanto a persoas con residencia en Galicia coma no exterior). O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 7 de febreiro ata o 26 de febreiro. No caso dos 10 cursos de teleformación a inscrición debe facerse exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED104B, no que tamén estarán a disposición da cidadanía os formularios de solicitude dos cursos presenciais.

As localidades de realización destes últimos, susceptibles de modificacións en función da demanda efectiva, serán A Coruña, A Estrada, Betanzos, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lugo, Marín, O Carballiño, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria, Vigo e Vilagarcía de Arousa. As datas de desenvolvemento serán, simultaneamente, do 3 de abril ao 23/24 de maio.