Volver

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

  • Convocatoria de cursos

    Convocatoria de cursos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administración Pública convocan 30 cursos (800 prazas) de linguaxe administrativa e xurídica galega nos seus niveis medio e superior, destinados ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia e ao persoal da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do sistema universitario galego, así como a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que se atopen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O calendario formativo establece dúas quendas: una primeira, de xaneiro a marzo, na que se realizarán 14 cursos e, unha segunda, de setembro a novembro, na que se realizarán os restantes 16. As convocatorias e os prazos de inscrición, que se xestionarán directamente desde a plataforma http://egap.xunta.gal/matricula, poden consultarse nos seguintes enlaces: