Volver

Premio xornalístico Raimundo García Domínguez, Borobó

O Concello de Pontecesures, co apoio da Deputación de Pontevedra, e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o premio de xornalismo en galego Raimundo García Domínguez, Borobó, coa dupla intención de conmemorar o nacemento e de homenaxear a figura de quen foi unha das personalidades máis sobranceiras da historia do xornalismo galego contemporáneo.

Os traballos, que deberán estar redactados en lingua galega e versar sobre a figura de Borobó e o seu tempo, terán que estar publicados entre o 1 de agosto e o 30 de novembro de 2016. O prazo límite de recepción de artigos é o 15 de decembro de 2016.
O premio está dotado con 1000 euros.