Ver todos os autores

2007 - María Mariño

No 2007, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a María Mariño. A poeta, nacida en Noia no ano 1918, viviu máis tarde no Courel, onde faleceu enferma de leucemia en 1967.

Estableceu amizade con Uxío Novoneyra e coa súa familia e froito das súas viaxes comeza a escribir narracións e poemas.

María Mariño é recoñecida sobre todo polo seu poemario Palabra no tempo, que viu a luz en 1962. Xa enferma, escribiu Verba que comenza. En 1994 publicouse a súa obra completa.

O Día das Letras galegas instaurouse en 1963 por iniciativa da Real Academia Galega e é desde aquela, e sen interrupción, a festa anual das nosas letras. Celébrase o 17 de maio e dedícase cada ano a un autor galego elixido en xunta ordinaria pola propia Real Academia Galega.

Ao longo do ano adoita haber celebracións ao redor da figura homenaxeada, que contribúen á difundir na sociedade o coñecemento das obras e das personalidades recoñecidas cada ano.