Homenaxe a María Victoria Moreno en Madrid

14/05/2018 Volver

Actividade o 21 de maio no Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid.

O Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid organiza, con motivo das Letras Galegas 2018, un acto de homenaxe a María Victoria Moreno no que tamén se presentará o número 20 da revista de estudos galegos Madrigal.

Día: luns 21 de maio

Lugar: salón de actos da Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla (Noviciado, 3)

Hora: 18:30 h

Participantes:

Carmen Mejía, directora do CEG de Madrid e directora de Madrigal

Paula Cousillas, lectora de lingua, cultura e literatura galegas

David Castro, director do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra

Montse Pena, profesora de didáctica da lingua e a literatura na USC

Ricardo Pichel, coeditor de Madrigal

Lidia Teixeiro, coeditora de Madrigal

Juan Manuel Ribera, profesor da Universidade Complutense de Madrid