Volver

Unidade Didáctica do Entroido para primaria sobre Fraguas

Centro: Seminario Galán (A Coruña)
Curso: 2018-2019

O profesorado do Seminario Galán sérvese, nesta ocasión, de tres textos de Antonio Fraguas Fraguas para achegarnos a unha das tradicións máis enraizadas na nosa comunidade. A través de encrucillados, sopas de letras e outros exercicios, o alumnado de primaria coñecerá máis polo miúdo os costumes máis característicos do Entroido en distintos lugares de Galicia.