Volver

Casamento da pulga

Centro: CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, A Coruña e CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada (A Coruña)
Curso: 2018-2019

No blog Anxopictogramas, que comparten os CEIP O Mosteirón de Sada e Anxo da Garda da Coruña, atoparedes este rigoroso traballo en pictogramas. Con estes signos, o popular conto recompilado por Fraguas, "Casamento da pulga", será tamén comprensible para os nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo. Os nosos parabéns e o noso agradecemento ao profesorado responsable por compartir esta iniciativa e achegarlle a literatura de tradición oral a todo o alumnado que utiliza este sistema de comunicación.