Volver

Concurso-Exposición Letras Galegas

Exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de educación primaria: CEIP ADR Castelao

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Valentín Paz-Andrade entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.

• Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria, “Valentín Paz-Andrade, galego de corazón”, elaborados polo CEIP ADR Castelao de Rianxo.

• Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional “Colleita do 1898”, elaborados polo IES Xoán Montes de Lugo.

Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida: dende o seu inicial labor de xurista, as súas inquedanzas políticas e a súa carreira empresarial, sen esquecer a súa destacada vocación pola escrita.

Nesta traxectoria merece unha atención especial a súa variada obra literaria, que abrangue diferentes xéneros, dende o ensaio histórico ou económico ata a narrativa e, como non, a poesía.