LETRAS GALEGAS 2013
Exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2013 para educación infantil e primaria
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
- • Guía e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria.
• Guía e carteis para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.