Volver

Manuel María xornalista

Web elaborado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa Casa-Museo Manuel María.
  • Manuel María xornalista

    Manuel María xornalista

Manuel María xornalista pon o foco nunha faceta pouco explorada do autor a quen se lle dedica en 2016 o Día das Letras Galegas. Recolle unha parte dos artigos do autor da Terra Chá e ofrece unha visión global da súa biografía, con especial atención á súa vida como xornalista. Esta visión compleméntase cunha galería de imaxes recollida do arquivo da Casa-Museo Manuel María, cunha lista dos webs máis salientables relacionados co escritor e cun espazo dedicado á actualidade relacionada coa súa escolla como autor das Letras neste 2016.

Especial importancia ten a sección "Unidade didáctica", creada especialmente para os escolares, co obxectivo de que valoren e singularicen a actividade xornalística de Manujel María no conxunto da súa obra, así como co de que se familiaricen cos xéneros xornalísticos e coa organización dun periódico.

O web conta tamén coa sección "Xornalismo nas letras", que se ocupa doutros homenaxeados no Día das Letras Galegas que tiveron unha relación estreita co mundo do xornalismo.