Volver

Roteiro Antonio Fraguas Fraguas

Centro: Centros de FEREGA-CECA da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol
Curso: 2018-2019

Unidade didáctica arredor dun roteiro pola cidade de Santiago de Compostela destinado a celebrar as Letras Galegas e a figura de Antonio Fraguas.

O roteiro forma parte das actividades da Festa da Lingua que organizan cada ano, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, as coordinacións de zona de Escolas Católicas na Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Vigo e Ourense, ás que este 2019 se suma tamén Ferrol. Ademais, durante os meses de marzo, abril e maio, os centros educativos de cada zona realizan conxuntamente concertos, obras de teatro, recitais, sesións de contos etc. En Compostela, é tradición a ofrenda floral a Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres coa lectura dun manifesto.