Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 6. Que sabes facer?

Pregúntelles aos seus estudantes se saben que se ve na fotografía da portadiña

Aclare, de ser necesario, que se trata dunha muller que está a facer encaixe de Camariñas. Se vostede considera oportuno dar máis datos sobre esta tradición, pode atopar información no sitio www.camarinas.net. Anime os seus estudantes a dicir actividades (pode suxerir que sexan afeccións) para as que sexa necesario empregar unha técnica, como por exemplo: tocar un instrumento, facer artesanías, debuxar…

Aproveite para que os seus estudantes comenten que cousas saben facer. Por último, presente os obxectivos e a tarefa final da unidade: escoller o chofer, o cociñeiro e o guía turístico para pasar unha fin de semana de acampada por Galicia.