Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 9. Estamos moi ben

Móstrelles aos seus alumnos e alumnas a fotografía da portada da unidade e lea en voz alta o título: Estamos moi ben

Dígalles que a imaxe corresponde a unha campaña publicitaria do Goberno galego (aclare despois que non se trata dunha campaña real). Anímeos a dicir cal pensan que é o seu obxectivo. Se non o fixesen os seus estudantes, faga vostede referencia a termos como saúde, sanidade e estado físico.

Anuncie, por último, os obxectivos e a tarefa final da unidade: interesarse polos problemas dos compañeiros e ofrecerlles axuda mediante consellos.