Volver

CELGA 2

Validación do Celga 2

Serán validables polo Certificado de lingua galega 2 (Celga 2):

  • Ensinanzas de réxime xeral cursadas en Galicia
    • Título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos ou ben que se superase a materia de lingua galega nas probas libres tendentes a esta titulación.
    • Título de graduado escolar obtido por equivalencia cos estudos da ESO, ao abeiro do Anexo I do Real decreto 986/1991, sempre que se cursase a aprobase a materia de lingua galega en todos os cursos.
    • Certificado de ter cursada e aprobada en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos da educación primaria e mais en dous cursos da ESO.
  •  Ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia
    • Certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego da ESO nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.
    • Certificado de ter cursada e aprobada a materia optativa de lingua galega en primeiro e segundo de bacharelato do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, sempre que se teñan superadas as materias optativas de lingua galega en primeiro, segundo e terceiro da ESO ou se estea en posesión do Celga 1.
    • Certificado de ter cursadas e aprobadas nos sete cursos do nivel primario as materias correspondentes a cada curso de lingua galega e literatura galega e mais o certificado de ter cursadas e aprobadas nos tres primeiros cursos do nivel secundario as materias correspondentes a cada curso de lingua e literatura galega, xunto coas de historia e as de xeografía de Galicia no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires.
  • EOI
    • Certificación oficial de ter superado o nivel intermedio (B1) das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte ao establecido no Decreto 191/2007.
  • Universidades
    • Certificado do curso de nivel medio de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia, ata o 1 de setembro de 2007.
    • Certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED ata o 1 de setembro de 2007.

Organismos que expiden as validacións e estudos validables polo Celga 2:

  • Título de graduado escolar:
    • Centro público: secretaría do centro
    • Centro privado ou probas libres: Inspección Educativa
  • Educación primaria + 2 anos da ESO:
    • Centro público: secretaría do centro
    • Centro privado: Inspección Educativa
  • Resto dos casos:
    • Secretaría Xeral de Política Lingüística