Volver

CELGA 4

Validación do Celga 4

Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4):

  • Ensinanzas de réxime xeral cursadas en Galicia
    • Título de bacharelato ou técnico de FP2, sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase e aprobase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos. Poderase obter igualmente a validación aínda que se cursase un ano do bacharelato fóra de Galicia, sempre e cando este non sexa o último.
    • Títulos de bacharelato ou de FP2 obtidos tras superar a materia de lingua galega nas probas libres tendentes a obtelos.
  • EOI
    • Certificado C1 de lingua galega do Marco Europeo Común de Referencia para as linguas expedido pola Escola Oficial de Idiomas
  • Outros
    • Curso de especialización en lingua galega para profesores de EXB

Organismos que expiden as validacións e estudos validables polo Celga 4:

  • Título de bacharelato ou de FP2:
    • Centro público: secretaría do centro
    • Centro privado: centro público de referencia
    • Probas libres: Inspección
  • Resto dos casos:
    • Secretaría Xeral de Política Lingüística