CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURÍDICA
Linguaxe
Curso de linguaxe administrativa
Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2005. Manual editado pola Xunta de Galicia para os cursos presenciais de linguaxe administrativa. Posúe contidos teóricos, exercicios e comentarios de documentos administrativos.
Curso de actualización da lingua e linguaxe administrativa galegas
Escola Galega de Administración Pública, 2005. Manual editado para os cursos de actualización lingüística do persoal da Xunta de Galicia.
-
Universidade de Santiago de Compostela, s.d. Material web que trata os seguintes contidos: a linguaxe administrativa, maiúsculas e minúsculas; abreviación; os formatos gráficos; a puntuación; o tratamento dos dous sexos; o tempo; o lugar; a cantidade; a redacción; o tratamento dos préstamos doutras linguas; o tratamento dos nomes propios doutras linguas.
Lingua galega. Criterios lingüísticos
Universidade de Vigo, 2003. Manual que ofrece os seguintes contidos: o uso das letras maiúsculas e minúsculas; o tratamento de préstamos doutras linguas; uso dos signos de puntuación; recomendacións para as marcas de xénero.
Criterios para o uso da lingua
Universidade da Coruña, 2005. Manual que ofrece os seguintes contidos: maiúsculas e minúsculas; os signos de puntuación; formas de tratamento; as abreviacións; proposta de emprego de nomes propios; o emprego de linguaxe non sexista; citacións e referencias bibliográficas.
(Breve) Manual de estilo universitario
Universidade de Santiago de Compostela, s.d. Manual que recolle os seguintes contidos: os signos; deseño do documento; algunhas regras útiles para unha escritura fluída; bibliografía.
Traballo xornalístico na Universidade de Vigo. Pautas para un correcto uso da linguaxe
Universidade de Vigo, s.d. Manual que ofrece os seguintes contidos: as maiúsculas e minúsculas; uso das minúsculas; os signos de puntuación; erros e dúbidas máis frecuentes no uso da lingua galega; proposta de emprego correcto da toponimia e onomástica galega e foránea.
Libro de estilo do Concello de Santiago
Concello de Santiago de Compostela, 2007. Ofrece os seguintes contidos: acentuación; alteracións gráficas frecuentes; xénero e número: casos dubidosos; os tratamentos protocolarios; uso de maiúsculas e minúsculas; recursos tipográficos diacríticos; abreviación; escrita dos números; expresión de tempo e espazo; a linguaxe non-sexista; tradución dos nomes doutras linguas; os signos de puntuación; sintaxe; manual de documentos administrativos; regras xerais para redactar unha referencia bibliográfica; mudanzas normativas de interese; erros léxicos frecuentes; léxico xurídico e administrativo; locucións latinas; topónimos; falsos amigos.