Volver

O GALEGO NO EXTERIOR

Ensino preuniversitario

 

Estudantes de ensino primario e secundario de diversas partes do mundo teñen o galego no seu plan de estudos e optan pola opción de se formaren na lingua propia de Galicia.

O galego é lingua vernácula en territorios que fican fóra da Comunidade Autónoma Galega, como O Bierzo e Sanabria. Por este motivo, a Consellería de Cultura e Educación promove, mediante un protocolo de colaboración co goberno de Castela e León, a presenza do galego no ensino regrado destas zonas galegofalantes.

Pero ademais, a nosa lingua ten presenza en centros escolares de lugares alleos a ela, como o Reino Unido, Arxentina ou Cataluña. Nestes sitios, o alumnado que se achega ao galego faino por motivos variados que poden ir dende o desexo de coñeceren mellor a fala de seus pais, emigrantes, ata a curiosidade intelectual de persoas sen relación familiar con Galicia ou as vantaxes que dá no mercado posuír coñecementos diferenciados.