Volver

III Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora

O Premio Literario Nortear Novos Escritores Norte de Portugal-Galicia é unha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT).

Aceptaranse obras orixinais e inéditas, pertencentes ao xénero do relato curto, escritas en lingua portuguesa ou galega e cunha extensión de 5.000 a 8.000 palabras.

Poderán participar as persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal.

O premio terá unha dotación económica de dous mil euros para o/a vencedor/a. As entidades promotoras custearán a publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia e, alén diso, realizarán accións de divulgación desta mediante actuacións de lanzamento.

O prazo de presentación rematará o 30 de abril de 2017.