- Portada
- O galego...
- Promovelo
- Convocatorias
Convocatorias
Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
ORDE do 13 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PL400A).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto Ligazón ao DOG
Seminario Investigación e crítica na LIX (2004 - 2024)
Promovido pola Rede LIJMI conxuntamente co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
XXXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras
Organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
- Resolución do 6 de febreiro de 2024. Ligazón ao DOG
III Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a terceira edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.
Resolución da convocatoria do Concurso - Exposición sobre Luísa Villalta. Letras Galegas 2024
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.
Lingua de Namorar 2024
As consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Política Social e Xuventude, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.
Concurso Balbino de Relatos 2024
Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces, a Deputación de Pontevedra e a Fundación Xosé Neira Vilas, convocan a novena edición deste certame literario.
Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato
A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2023-2024 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.
Convocatoria de axudas a proxectos de fomento do galego en centros públicos
Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500A).
- Resolución Ligazón ao DOG