Xornadas de Letras Galegas 2018 da UERJ

09/05/2018 Volver

Organiza o CEG de Río de Xaneiro.

En homenaxe a María Victoria Moreno, o Programa de Estudos Galegos (PROEG) organiza estas xornadas. Comezarán o día 14, segunda feira, cunha sesión de abertura coa participación da directora do Instituto de Letras, a doutora Magali dos Santos Moura, e do coordinador do Programa de Pos-Graduado en Letras, o doutor Julio Cesar França Pereira. A continuación, haberá unha Mesa de literatura medieval galego-portuguesa coa participación de Henrique Marques Samyn e Marta Carvalho.

Durante o segundo día, haberá conferencias sobre literatura infantil e xuvenil, sobre xénero e sobre emigración. Tamén un debate co título "A lingua galega e a lusofonía, coa participación dos profesores doutores Xoán Carlos Lagares e André Conforte. E xa no último día, Lucía Sande, lectora de galego na universidade, ofrecerá unha conferencia en homenaxe a María Victoria Moreno que dará paso a unha mesa de debate que fará repaso dos 20 anos do PROEG. As xornadas finalizarán cunha degustación de gastronomía galega e un obradoiro de danza tradicional galega.

Días 14, 15 e 16 de maio

Lugar: Instituto de Letras – Salão Nobre

Inscrición gratis