Volver

Galaxia Casares

Centro: IES Carlos Casares, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2015 - 2017
  • Galaxia Casares

    Galaxia Casares

O EDLG do IES Carlos Casares leva dous cursos traballando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017, que, ademais, lle dá nome ao centro. Aquí poderedes atopar de todo!!! A continuación amosámosvos una clasificación dos materiais para que non vos perdades nesta galaxia.

GAMIFICACIÓN

  • Carlos Casares, un relato de película: xogo de mesa sobre a Carlos Casares que ten a particularidade de recrear unha bobina de cinema
  • Xogo do Leoncio: xogo en liña similar á oca pero coa temática de A Galiña azul
  • Crebacabezas: xogo baseado na literatura infantil de Casares

 

AUDIOVISUAIS

  • Literarios: Os inventos de Toribio (sobre os inventos deste personaxe), Toribio polo mundo (sobre os lugares vinculados con esta obra),Os valores de Casares (sobre a riqueza de valores da obra casariana e cunha innovadora técnica que simula o debuxo en directo); Rin e o can Crispín (contacontos)
  • Biográficos: faladoiros con ex-alumnos de Carlos Casares e entrevistas a familiares e estudosos como Ramón Villares ou Monteagudo

 

MÚSICA

  • Canción - contacontos de A galiña azul
  • Rap sobre o personaxe Lolo

 

CREACIÓNS LITERARIAS, ARTÍSTICAS E ANÁLISE DA OBRA

  • Álbums ilustrados: As estrelas máis estrelas de todas as estrelas e Unha viaxe con Carlos Casares
  • Libros de artista sobre obras de Casares
  • Novela gráfica
  • Ilustracións de O sol do verán