Volver

Audiolibros de Carlos Casares

Centro: IES Castro da Uz, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Curso: 2016 - 2017
  • Audiolibros de Carlos Casares

    Audiolibros de Carlos Casares

As argalleiras e argalleiros das letras do IES Castro da Uz facilitan o coñecemento da obra de Carlos Casares narrando, na súa voz, algúns dos seus relatos máis representativos, desde Lolo anda en bicicleta, A galiña azul ou Un polbo xigante ata Vento ferido e Cambio en tres. Excelente traballo do profesorado e alumnado de 2.º e 3.º da ESO cun recoñecemento especial a Cristina Souto, autora do retrato que preside o blog do club de lectura desde o que se divulgan estes títulos e aos que axiña se sumará Ilustrísima.