Volver

Lectura de Xoguetes pra un tempo prohibido

Centro: IES Castro da Uz, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Curso: 2016 - 2017
  • Lectura de Xoguetes pra un tempo prohibido

    Lectura de Xoguetes pra un tempo prohibido

A coñecidísima novela de Carlos Casares, Xoguetes pra un tempo prohibido, chegou o Día do Libro á Praza Maior de Cáceres na voz do alumnado do IES Castro da Uz das Pontes. Ademais, cada alumno/a participante, despois da súa lectura, escolleu unha palabra que incluíu nun verso ata, finalmente, compoñer entre todos un poema. A actividade compleméntouse cunha ilustración alusiva á obra. Excelente homenaxe, lonxe da nosa terra, do club de lectura da Biblioteca e do EDLG deste centro ao grande Casares.