Volver

Balconadas Carlos Casares

Centro: CIFP Someso, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2016 - 2017
  • Balconadas Carlos Casares

    Balconadas Carlos Casares

O EDLG ideou esta singular exposición de carteis na que se implicaron todos os ciclos formativos que se imparten no centro: Edificación e Obra Civil, Madeira e Moble, Imaxe persoal, Mantemento de Vehículos e Fabricación Mecánica. A partir de textos escollidos por Ánxeles Penas, poeta, artista plástica e amiga persoal de Carlos Casares, o equipo e o alumnado deseñaron as balconadas con fotografías alusivas a momentos da vida do autor e a cada unha das familias profesionais citadas.