Volver

Tecendo voces

Centro: CEIP Amor Ruibal, Barro (Pontevedra)
Curso: 2017-2018
  • Homenaxe a María Victoria Moreno

    Homenaxe a María Victoria Moreno

Para conmemorar o Día das Letras Galegas e, no marco do PDI deste curso, "Voces de mulleres", o alumnado de 6.º de Primaria gravou a canción "Tecendo Voces". A música é unha adaptación da melodía instrumental para zanfona número 500, recollida no Cancionero Gallego de Bal y Gay. A letra está inspirada no libro Anagnórise de María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.