Volver

VII Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas 2018

Centro: CEE Nosa Señora do Rosario, CEIP Eusebio da Guarda e CMUS Profesional da Coruña
Curso: 2017-2018
  • VII Festival Arte pola Igualdade

    VII Festival Arte pola Igualdade

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Xefatura Territorial de Cultura e Educación da Coruña súmase, un curso máis, á celebración dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas co VII Festival Arte pola Igualdade que terá lugar o próximo 10 de maio, ás 19:00 h, no Teatro Colón da Coruña. Neste acto, ademais de lembrar a figura de María Victoria Moreno Márquez tamén se representará a obra teatral de Francisco Tajes: O Velorio e serán interpretadas distintas pezas de música tradicional galega.