Volver

Rapeando a M.ª Victoria Moreno

Centro: CPI do Toural, Vilaboa (Pontevedra)
Curso: 2017-2018
  • Rapeando a M.ª Victoria Moreno

    Rapeando a M.ª Victoria Moreno

Alumnado dos cursos de 1.º, 2.º e 4.º da ESO, dentro da materia de Música que desenvolve a profesora Sonia Rodríguez, púxolles voz e melodías a diferentes poemas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, M.ª Victoria Moreno. Sobre unha base trap, que é un subxénero do hip hop, os rapaces e rapazas musicaron diferentes poemas extraídos do libro Elexías de Luz. A continuación, podedes ver o resultado final premendo nesta ligazón onde figuran todos os traballos.